Xosé Luis Reza
ISM® socio e director de marketing
A Coruña
902 002 351 / 981 913 764
Formación: Licenciatura en ADE (Marketing), MBA en Administración e Dirección de Empresas, MeB E-Business e Programa Avanzado en Marketing Dixital.
Áreas: Marketing Estratéxico, Marketing Operativo, Estratexia Dixital, Planificación e Dirección Estratéxica, Publicidade e Comunicación.
“O que ten tenda, que a atenda!”
Son unha persoa afortunada. Dedícome profesionalmente ao que me gusta: o marketing. Teño a sorte de poder axudar ás empresas e institucións que me rodean a xerar riqueza a través da creación de novas propostas de valor. Con moito sentido común e tendo moi claro que non vale enganchar, que o marketing debe ter ao cliente no centro de todas as súas decisións, e que só as relacións a longo prazo serán rendibles para todas as partes.
Formeime en ADE na USC, especializado en marketing, cursei un MBA na Escola de Negocios Caixanova —cando aínda se chamaba así— e un Máster en eBusiness na Universitat Politècnica de Catalunya, xusto en plena crise das punto com…
Traballei por conta allea con diversas responsabilidades en compañías como R Cable e Telecomunicacións de Galicia, Fundación Semana Verde, Grupo Tecam e La Voz de Galicia; e fai dez anos, con dous amigos —dos de verdade— creamos iuni. Unha nova forma de ampliar este soño acompañando ás empresas e ONG do noso contorno. Unha decisión arriscada, pero que valeu a pena.
Síntome moi orgulloso de todos os amigos que se sumaron e se seguen sumando a este proxecto, e tamén de poder representar ao sector a través da Asociación Galega de Marketing (Markea) e do Clúster de Comunicación de Galicia.
E por se fora pouco, teño a sorte de poder trasladar a nosa experiencia ás novas xeracións de empresarios que nacen na Galicia Business School e na Escola de Finanzas.



