Potenciando as denominacións de orixe: claves para un plan de marketing.
Aprendizaxes e estratexias para destacar produtos de calidade única en mercados locais e internacionais cun plan de marketing efectivo.
Últimamente tivemos a oportunidade de realizar varios plans de márketing para denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas. Ao Plan de Marketing da IXP Ternera Gallega que fixemos o ano pasado, podemos engadir os Plans de Marketing para a DOP Queixo Tetilla e para a IXP Mel de Galicia que entregamos hai un mes.
Esta especialización levounos a algunhas aprendizaxes que nos gustaría compartir:
- É fundamental a identificación de todos os targets posibles. Analizar e segmentar o mercado para atopar aos diferentes públicos obxectivo permitiunos crear propostas de valor personalizadas que encaixasen con cada segmento específico definido.
Destacando o valor do produto certificado
Cada produto certificado ten o seu propio público, desde os máis lóxicos como poden ser os consumidores finais ata os públicos internos (produtores, envasadores, comercializadores,…), pasando por clientes intermediarios (cadeas de distribución, tendas delicatessen,…). Todos eles teñen unhas necesidades diferentes e por tanto, a adaptación a estas é fundamental para iniciar calquera plan de marketing.
- A combinación de estratexias de marketing on e off é esencial. Isto xa o sabiamos antes de afrontar calquera destes plans de marketing, pero reafirmámonos niso. Temos que claro que hai que estar onde están os nosos targets e iso conseguímolo integrando tácticas en liña, como campañas en redes sociais, márketing de contidos e branded content, con estratexias offline, como eventos locais, feiras, prescritores e promocións en punto de venda. Desta maneira, asegurámonos o chegar a unha audiencia máis ampla e diversa, maximizando o impacto das nosas accións.
- As colaboracións con marcas afíns (co-branding) é unha estratexia que nos encanta expor porque a nosa experiencia demostrounos que é unha ferramenta moi efectiva. Establecer alianzas estratéxicas permítenos ampliar o alcance e ofrecer experiencias únicas e complementarias aos clientes. Por exemplo, se imaxinamos unha hamburguesa de Goiko elaborada con IXP Tenreira Galega estaremos a crear sinerxias beneficiosas para ambas as marcas.
- A autenticidade é tamén un valor crave. Destacar a orixe, as raíces e a tradición destes produtos, avalado pola protección que lles outorgan os selos de denominación de orixe e indicación xeográfica protexida, axuda a diferencialos no mercado e achega confianza aos consumidores.
Conectando coa calidade do local
Contar a historia detrás de cada produto, os seus métodos de produción, a súa rastrexabilidade e a súa conexión coa terra e a cultura local é fundamental para crear unha conexión emocional co consumidor.
Estamos a nos converter en expertos neste campo. Quizá se deba a que nos gusta apoiar aos produtos ‘da nosa terra’, cunha rica herdanza e calidade inigualable.
Cremos no potencial dos produtos con denominación de orixe e indicación xeográfica protexida para conquistar tanto o mercado local como nacional e mesmo internacional, e queremos axudalos a alcanzar os seus obxectivos.
Se es un produtor ou unha marca que busca destacar no mercado e aproveitar ao máximo as vantaxes dunha estratexia de marketing ben definida, non dubides en contactarnos.