Xosé Luis Reza
ISM® socio director de márketing
A Coruña
902 002 351 / 981 913 764
Formación: Licenciatura en ADE (Márketing), MBA Administración e Dirección de Empresas, MeB E-Business e Programa Avanzado en Marketing Dixital.
Áreas: Marketing Estratégico, Marketing Operativa, Estrategia Dixital, Planificación e Dirección Estratéxica, Publicidade e Comunicación.
“O que ten tenda que a atenda!””
Son unha persona afortunada. Adícome profesionalmente ao que me gusta: O marketing. Teño a sorte de poder axudar as empresas e institucións que me rodean a xerar riqueza a través da creación de novas propostas de valor. Con moito sentidiño e tendo moi claro que non vale enganar, que o marketing ten que ter ao cliente no centro de todas as súas decisión, e só as relacións a longo prazo serán rendibles para todas as partes.
Formeime en ADE na USC, especializado en marketing, estudiei un MBA na Escola de Negocios Caixanova, cando aínda se chamada así, e un Master en eBusiness na Universitat Politècnica de Catalunya xusto na crise das .com…
Traballei por conta allea con diversas responsabilidades en compañías como R Cable e Telecomunicacións de Galicia, Fundación Semana Verde, Grupo Tecam e La Voz de Galicia; e hai dez anos, cos dous amigos, dos de verdade, creamos iuni. Un novo xeito de ampliar este soño acompañando ás empresas e ong’s do noso entorno. Unha decisión arriscada, pero que pagou á pena.
Síntome moi orgulloso de todos os amigos que se sumaron e que se suman a este proxecto e tamén de poder representar ao sector a través da Asociación Galega de Marketing (Markea) e o Clúster de Comunicación de Galicia.
E se fora pouco, teño a sorte de poder trasladar a nosa experiencia ás novas xeracións de empresarios que nacen na Galicia Business School e na Escuela de Finanzas.
En que podo ayudarte?
Últimos artigos
- 25/01/2023
- 12/05/2022
- 23/02/2021
- 20/05/2020