
Silvia Rodríguez
ISM® advanced de estratexia e organización
Santiago de Compostela
902 002 351 / 981 913 764
Formación: Enxeñería Industrial, especialidade Organización Industrial.
Áreas: Subvencións, Innovación, Identificación e Análise de apoios rexionais e nacionais de I + D, Elaboración de propostas, Tramitación de solicitudes e Presentación de Xustificacións á Administración (GAIN, IGAPE, CDTI), Elaboración de Documentos Técnicos, Xestión de Proxectos. Particulares e consorcios.
“Se alguén puidese facelo, tamén eu podo e se ninguén puido, eu serei o primeiro”
A miña carreira profesional está ligada á consultoría case dende o principio, comecei a traballar nunha consultoría facendo probas de módulo Open ERP mentres rematei a licenciatura en Enxeñería Industrial.
Unha vez que rematei a licenciatura, comecei a traballar nunha consultoría de xestión, realizando informes técnicos de I+D+i, aos poucos, fun ampliando as tarefas ata que rematei como técnico especializado en identificación e análise de soporte para I+D+i tanto rexionais como nacionais, apoiando a empresa solicitante na presentación da proposta, xestionando proxectos individuais e consorciados e preparando documentos técnicos. Así como a realización da certificación de proxectos de acordo coa norma UNE 166.001 e a implementación das normas ISO 9001 e 14001. Desde 2018 son profesional asociado en iuni na área de I+D+i
En que podo ayudarte?
Últimos artigos
- 28/03/2025
- 11/12/2024
- 25/01/2023
- 12/05/2022