
Beatriz Pereira
CEO · ISM® socia directora de investigación de mercados
Santiago de Compostela
902 002 351 / 981 913 764
Formación: Licenciatura en Psicoloxía, Postgrao Investigación de Mercados, e Programa Executiva de Galicia para a Potenciación das Cualidades e Habilidades de Liderado.
Áreas: Investigación de Mercados, Marketing e Experiencia de Cliente.
“O factor dominante na sociedade actual é o continuo e inevitable cambio. Non se pode tomar unha decisión sensata sen ter en conta non só o mundo como é, senón o mundo como será.”
Isaac Asimov
Traballei en investigación de mercados toda a miña vida profesional e desenvolvín a miña carreira a través de proxectos para grandes empresas e entidades, dende o nivel máis técnico ao máis estratéxico. Isto permitiume ter unha perspectiva moi enfocada á realidade, a darlle respostas útiles ao equipo de márketing e á dirección. No transcurso destes anos axudei a crear sistemas de business inteligence dende cero, testado centos de novos produtos e servizos de empresas de todos os sectores, axudando a manter a saúde das marcas dos meus clientes ou establecendo sistemas de xeración dunha mellor experiencia de clientes.
Propúxenme como reto particular ocuparme de mentorizar os alumnos que van comezar a súa andadura profesional ou emprendedores que teñen a forza para montar o seu propio negocio. Este labor desenvólvoa grazas aos programas da Universidade de Santiago de Compostela e de asociacións como Markea, asociación galega de marketing. Ademais son Socia Fundadora de Executivas de Galicia e ex membro de súa Xunta Directiva.
Actualmente son CEO de iuni que axuda os seus clientes a poñer o seu cliente no centro de toda a súa actividade pois cremos que todas as áreas deben mirar cara ao cliente e dende o seu punto de vista. Ademais son Socia Directora da área de Investigación de Mercados. En resumo, que non me aburro!
En que podo axudarte?
Últimos artigos
- 11/12/2024
- 25/01/2023
- 12/05/2022
- 23/02/2021