Conchi L. Labarta
ISM® sénior de márketing
A Coruña
902 002 351 / 981 913 764
Formación: Licenciada en Belas Artes. Posgrao en Imaxe, Estilismo e Comunicación, Deseño Gráfico, Moda e Eventos
Áreas: Márketing
“O sentido común, por desgracia, é o menos común dos sentidos”
Son unha apaixonada do márketing, deseño gráfico e publicidade, con máis de 15 anos de experiencia. Recentemente, fun Project Manager de Transformación Dixital e Márketing na empresa Servicio Móbil, liderando a reestruturación de procesos e a implementación de solucións tecnolóxicas innovadoras.
Antes, en Vector ITC, deseñei aplicacións web e móbiles como Deseñadora Gráfica UX/UI e Responsable de Márketing e Contidos. Tamén xestionei deseños web e contidos para clientes como Inditex ou INDRA, destacando en proxectos como Smart Camiño.
Como freelance, impartín clases de deseño gráfico e desenvolvin proxectos educativos. Ademais, fun profesora na Escola Superior de Deseño ESDi, xestionando relacións internacionais e creando contido educativo.
Son unha profesional dedicada e creativa, centrada no cliente e en construír relacións a longo prazo. Espero que a miña capacidade para combinar márketing estratéxico con deseño gráfico, publicidade e formación me axude a ser un membro máis desta gran familia que é Iuni.



