Beatriz Pereira
CEO · ISM® socia directora de investigación de mercados
Santiago de Compostela
902 002 351 / 981 913 764
Formación: Licenciatura en Psicoloxía, Posgrao en Investigación de Mercados e Programa Executiva de Galicia para a Potenciación das Cualidades e Habilidades de Liderado.
Áreas: Investigación de Mercados, Márketing e Experiencia do Cliente.
“O factor dominante na sociedade actual é o cambio continuo e inevitable. Non se pode tomar unha decisión sensata sen ter en conta non só o mundo tal como é, senón tamén o mundo tal como será.”
Isaac Asimov
Traballei en investigación de mercados durante toda a miña vida profesional e fun desenvolvendo a miña carreira a través de proxectos para grandes empresas e entidades, desde o nivel máis técnico ata o máis estratéxico. Isto permitiume ter unha perspectiva moi centrada na realidade, ofrecendo respostas útiles ao equipo de marketing e á dirección. Ao longo destes anos axudei a crear sistemas de business intelligence desde cero, testeín centos de novos produtos e servizos de empresas de todos os sectores, axudei a manter a saúde das marcas dos meus clientes e establecín sistemas para xerar unha mellor experiencia de cliente.
Propúxenme como reto particular ocuparme de mentorizar a estudantes que van comezar a súa andaina profesional ou a emprendedores que teñen a forza de montar o seu propio negocio. Esta labor desenvolvo grazas aos programas da Universidade de Santiago de Compostela e de asociacións como Markea, asociación galega de marketing. Ademais, son Socia Fundadora de Executivas de Galicia e ex membro da súa Xunta Directiva.
Actualmente son CEO de Iuni, que axuda aos seus clientes a poñer ao seu cliente no centro de toda a súa actividade, pois cremos que todas as áreas deben mirar cara ao cliente e desde o seu punto de vista. Ademais, son Socia Directora da área de Investigación de Mercados. En resumo, que non me aburro!



