Andrea Riveiro
ISM®junior de marketing
A Coruña
902 002 351 / 981 913 764
Formación: Graduada en Publicidade e Relacións Públicas. Máster en Xestión de Empresas de Moda
Áreas: Márketing.
“Xa que estamos de paso, deixemos pegadas bonitas”
E, de súpeto, o famoso… E ti, que queres estudar? Cando me tocou decidir sobre o meu futuro profesional, o único que tiña claro era que quería dedicarme a algo que me permitise falar, conectar e axudar ás persoas. Foi aí cando descubrín que o grao en Publicidade e Relacións Públicas encaixaba perfectamente co que eu desexaba.
A medida que avanzaba nos meus estudos, fun descubrindo aquilo que máis me gustaba e atopei un mundo novo que me fascinou: o marketing. Decateime de que era un compoñente perfecto no que buscaba, unha maneira de axudar ás marcas a conectar co seu público dunha forma auténtica e significativa.
Ademais diso, a moda sempre foi un sector que me apaixona desde pequena; paréceme unha ferramenta perfecta de comunicación que nos define a cada un de nós e, por esta razón, cando rematei a carreira decidín dar un paso máis e especializarme facendo un Máster en Xestión de Empresas de Moda.
Ao longo destes anos tiven a oportunidade de poñer en práctica todo o aprendido, afondando en áreas como a estratexia de marca, investigación de mercados, xestión de redes sociais, marketing… sempre co obxectivo de xerar valor a través da comunicación.
Hoxe formo parte do equipo de Iuni como ISM Junior de Marketing, onde podo seguir facendo o que me gusta e onde cada día supón un novo reto e oportunidade para seguir crecendo. E isto é só o principio.



